Hoxe, o vento anuncia un temblor
como as cordas vogais ó emitir calquer son
ca forza que trae unha mirada perdida.
Dentro de pouco, poderán romper
as cadeas que afogan a respiración;
Mentres, van pola sombra para escapar do sol.
Nos campos de millo perdeuse unha flor.
Os grilos, procúrana en procesión.
Din que si a hules podes desfacer tantos anos de estúpida historia.
Hoxe, o sangue anuncia unha dor
como a nota de blues dun acorde maior
que rompe o corazón ca forza que traen as mareas.
Estamos no tempo de ter que escoller
entre perder a vida ou velos beber
da que ata agora foi a súa propia menciña.
Aínda non creo no que hai máis alá
do que poda pasar esta noite.
Aínda non creo que vaia chegar o día no que todo acougue.
A calma, traena o furacán.
Hoxe, o vento anuncia un temblor
do que ninguén poderá dicir que escapou,
e desaparecer no tempo de pechar os ollos.
Deixando atrás unha historia,
que xa leva máis de mil anos querendo escapar
da que ata agora foi a súa forma de vida.
Estamos no tempo de ter que escoller
entre perder a vida ou velos caer
na que ata agora foi unha trampa consentida.
Estamos no tempo de ter que escoller
entre perder a vida ou velos caer
aforcados por fin cas súas propias caricias.
This compilation of songs from cult legend Jay Bolotin has the same stark beauty as prime Leonard Cohen and Jackson C. Frank. Bandcamp New & Notable Dec 1, 2018
Soulful guitar interplay form the heart of this lovely Americana collaboration from Dave Alvin and Jimmie Dale Gilmore. Bandcamp New & Notable Mar 2, 2018
Nashville’s Passion Fruit Boys nail the effervescent janglepop of ’80s college radio with bright guitars and immediate hooks. Bandcamp New & Notable Oct 1, 2022