We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sempre no Medio

from O Ollomol by Chamaquito Pistolas

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

lyrics

Contaban antiguas lendas que en noites de lúa chea
avanzaban entre os montes, sin facer moito ruído,
un exército de homes, algúns deles falecidos,
que cortaban as cabezas os brazos e mailas pernas
dos que nunca se atreveron a dicir diante doutros
que tamén pasaron fame, tempos de necesidade,
e finxir que están tan cheos
que en calquer momento van a reventar.
Amiguiños sí, pero o porco polo que vale.
Non vaia ser que mañán, tan cedo como me levante,
vexa as roupas que hoxe levo, e non teñen moito tempo,
todas rotas xunta ó lume que vén dende o mesmo inferno
a queimar todo o que atope, sexa besta, flor ou home
que estaba en moi mal sitio,
e iso que sobraba sitio onde estar.
Sempre no medio.
Nacemos para estar sempre no medio.
No medio e medio morreremos,
para ir a unha cova
e alí xa non volver a molestar.
Carapuchiña vermella: Tí, que andas polo bosque
e coñeces cazadores, mendigos e lobisomes
ós que lles serves favores que non che poden pagar
só para ser a máis puta entre as putas das máis putas
e, canto máis puta eres, máis o sangue che ferve,
si antes non facías pouco agora xa non paras quieta.
Vas buscando a calquera
que poida sacarche un berro de pracer.
Si algún día eu pudera, dame igual en que momento,
voar entre os catro ventos un día de primavera
cando o sol aínda non quenta tanto coma no verán.
Velo todo dende arriba como Deus, voso señor,
e cuspirlles por enriba das cariñas recén limpas
aos que se mofan dos pobres, por pensar que son máis pobres
só porque non teñen cartos aínda que en verdade teñan
unha riqueza máis grande que os homes chamados ricos
xamáis conseguirán.

credits

from O Ollomol, released November 22, 2013

license

tags

about

Chamaquito Pistolas GA, Spain

contact / help

Contact Chamaquito Pistolas

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

If you like Chamaquito Pistolas, you may also like: